Este ano as ameixeiras e as cabaciñas son tan prolíficas que xa non sei que facer con tanta produción e non deixo de probar cousas novas.
Velaquí unha versión cutre do
quick damson ice cream de Nigel Slater (en
Tender, vol. II, p. 844). Hoxe, de "a man e amodo", nada. Dame un pouco de vergoña recoñecer que a miña versión leva flan chino e está feita no microondas, pero a verdade é que non está nada malo!
A versión 2.0 será con leite evaporado. Teño ameixas dabondo para facer todos os experimentos do mundo.