31/7/12

Bean crackers


Baseadas nunha versión que fixo Cecília das White bean wafers (Lepard, The handmade loaf, p. 184).

As miñas levan fabas cocidas con algas e tomate seco. Substituín a manteiga por aceite e non estou segura de que sexa boa idea, non me convence demasiado a textura areosa que resulta, prefíroas máis consistentes.

INGREDIENTES para unha bandexa
200 g fabas (de caldo) cocidas con alga nori e tomate seco
2 (ou sexa, 4 metades) deses tomates secos cocidos

50 g aceite
200 g fariña corrente
media culleriña de bicarbonato
media culleriña de Royal
non lle puxen sal á masa por medo a pasarme (as algas e os tomates son salgados), pero bótaselle en falta

PREPARACIÓN
Triturei as fabas escurridas cos tomates, algunhas algas e o aceite ata obter unha especie de hummus riquísimo.
Logo engadín a fariña mesturada co Royal e o bicarbonato.
Estirei, cortei e ao forno 15 min a 200º C

A seguinte versión será con manteiga, sal e sen bicarbonato.