29/7/12
Biscoito de kéfir con mazá e canela
Unha versión do típico biscoito de iogur para almorzar.
INGREDIENTES para un molde de 1,5 L
3 ovos
1 cunca (240 ml) de azucre amarelo areado (é húmido, aromático e pouco doce)
un chorriño de aceite
1 cunca de kéfir
3 cuncas de fariña corrente
un sobre de Royal (en realidade botei menos, porque aproveitei un que tiña empezado)
2 mazás Golden cortadas en anaquiños
raspadura de limón
canela
unha areíña de sal
PREPARACIÓN
Bater os ovos co azucre.
Engadir o kéfir e o aceite.
Mesturar a fariña co sal e o Royal e incorporar ao anterior.
Aromatizar co limón e a canela ao gusto.
Engadir a mazá.
Botar a masa nun molde enmanteigado.
Cubrir con azucre e canela.
Enfornar 45 min a 200ºC