29/7/12

Pan con boina


Fun coller o bote da masa nai e atopeina invadida por algún fungo chungo. Cheiraba que fedía! Tirei o bote enteiro, que noxo :(

Por sorte tiña guardada unha pouca masa nai seca e púidena reactivar sen problema. Primeiro parecía que non tiraba, pero logo púxose tan activa que metía medo.

Fixen un pan básico para probala:

500 g trigo do país
200 g masa nai de centeo ao 100% (Triticatum)
320 g auga [70%]
9 g sal [1,5%]

Autolise 1 h
Amasado 15 min
Fermentación 3 h con S&F aos 60 e 120 min
Repouso en frigorífico 15 h
Temperar 1 h
Formado (mal), greñado (peor) e ao forno.
Enfornado sobre tixola quente de ferro, 15 min a 240ºC con vapor e 45 min máis a 200ºC sen vapor.

De sabor está bastante ben, o miolo algo mazacote. A a masa quedou moi rara (absorbeu pouca auga, a masa non daba collido forza e era esaxeradamente extensible) supoño que será culpa da fariña do país, sempre me dera moi bo resultado pero hoxe foi unha decepción.

O que si funcionou de marabilla foi a tixola de ferro, que nunca usara para isto, seguro que repito.