Mostrando entradas con la etiqueta horta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta horta. Mostrar todas las entradas

7/10/12

Millo corvo

Velaquí a miña paupérrima colleita de millo corvo: 


Xa sei por qué se chama así: porque os corvos cómeno todo :(

23/9/12

Pequenas xoias azuis


Non son lindísimas?

O vento botou abaixo o tinglado das fabas e apañeinas todas por medo a que a choiva as estragase.

Déronse ben, non hai queixa, xuntei unha boa bolsa.

Moitas grazas pola semente, Antón!

3/9/12

Tortilla de ortigas


Non hai nin que ter horta para comer verdura gratis e acabada de apañar canda a porta da casa.

Foraging, disque lle chaman a isto. Pois vale.

2/9/12

Da horta


Nunca tivera tantos e tan bos tomates como este ano. Estes son algúns dos que recollimos hoxe, o máis grande (á dereita) anda polo medio kilo.

Teño moita sorte :)

14/7/12

A sorte do principiante



Este cadradiño de terra, que terá 1,5 x 1,5 m


deu todas estas patacas: nada máis e nada menos que 14 Kg


Sen boa semente e sen ter eu nin idea de campo.

A xenerosidade da terra non deixa de sorprenderme.

8/7/12

Toda joia, toda beleza





Nunca entendín esa división entre prantas útiles e ornamentais. Que alguén me explique por que estas non son ornamentais.

17/5/12

Deluxe


Para moitas persoas falar de comida de luxo significa marisco ou cousa semellante. Para min trátase máis ben disto:


Ensalada da horta, con leituga folla de carballo e rabanitos acabados de apañar, noces e mazá. Todo de casa menos a mazá, que aínda non hai.

De luxo.

Xa?!


Millo corvo e faba vasca. Boteinos hai dez días e xa están así, non é incrible?

Ah, e os altramuces que me deu Adriana, crecen tan á presa que case se pode apreciar a simple vista.


Púxenos na terra esta tarde.

4/5/12

Sementar, sementarei


Millo corvo e fabas vascas, agasallo dunha persoa creativa e xenerosa.
Estou desexando que chegue o domingo para botalas na horta.

22/4/12

Pequeno tesouro verde


Verdura sementada por min, regada pola chuvia e apañada por min.
É un privilexio poder comer cousas así.

15/4/12

Fabulosas fabas



Por fin chegou o momento de apañarmos as fabas. É incrible a velocidade coa que creceron nestes dous últimos meses.

Son unhas prantas fabulosas, sobreviviron a xeadas, vento, sequía, saraiba e chuvia torrencial. E aí están, todas cheas. Para o ano semento máis, sen dúbida.

25/2/12

Flores!

Hoxe atopeime con esta sorpresa: as fabas comezan a florecer!

Eu nunca as vira antes, nin siquera sabía como eran. Son unhas flores delicadas e bonitas. E hai moitas máis en camiño :)

24/2/12

Compost


O produto desa máxica transformación na que refugallos de toda clase deixan de ser lixo para se converter nun ben prezado.

Desde que cuido unha hortiña miro con outros ollos o carozo da froita e a tona das patacas :)

22/1/12

Mira que son parva

Nunca plantara coliflores, fíxeno por primeira vez a finais de agosto ou comezos de setembro coa idea de telas para noiteboa. Daquela non creceran aínda dabondo e tivemos que comprar unha para a cea. Agora xa se decidiron a engordar e a min faime ilusión velas así de bonitas :)