Mostrando entradas con la etiqueta queixo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta queixo. Mostrar todas las entradas

24/9/11

Teta


«At the end of the meal the waiter would have had us prove his epicurism and ours by choosing Edam or Gruyère, but we insisted on the cheese of the country and had our reward, for it was perfect, creamy white, rich, smooth, and with a delicate sourness most satisfying and refreshing. Made of cow's milk, the cheeses were round and flat or round and pointed. The startling likeness to a woman's breast was acknowledged in the name, queso tetilla or de teta, spoken without the slightest hesitation. Or was it perhaps spoken with the least edge of malice to try our supposed Nordic prudery?»

Ruth Matilda Anderson, Gallegan provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña, New York, The Hispanic Society of America, 1939, p. 374.

23/9/11

Queixo 3, día 12


Non sei que tal estará, pero a pinta é de queixo de verdade :)

Estoulle collendo gusto a isto do queixo, xa teño outro en marcha.

17/9/11

Foto de familia

Velaquí tedes os tres xuntiños. De esquerda a dereita: queixo 4, día 1; queixo 3, día 6; e queixo 2, día 14. Non sei se é amor de nai pero melloran de día en día.

2/9/11

Queixo 1, día 1


Con esta sinxela receita (grazas, Miolo) e 2,5 L de leite Leyma pasteurizado fixen onte á tarde este queixiño. Hoxe pesa uns 340 g. A miña intención é deixalo madurar un pouco e non probalo ata dentro duns dez días. Veremos.

26/6/10

Fast food


Hoxe, fast food: un spotted soda bread moi semellante ao que fixen hai pouco pero nesta ocasión con fariña integral (moito mellor así, aínda que non lle pegan moito as uvas pasas) e unha pouca manteiga cocida.
Saíu salgado de máis, se cadra porque leva máis bicarbonato do que precisa.
Boteille tamén parte do soro deste queixo, que ten boa pinta pero non ten présa por madurar:


A receita é a de Dan Lepard en The handmade loaf, p. 99, algo adaptada.

6/6/10

Queixo!

Para ser a primeira vez que fago queixo non me podo queixar do resultado :-D Sorprendeume que saíse tan ben, aseméllase moitísimo ao do Cebreiro. Haberá que agardar uns días a ver como evoluciona.
A forma é un pouco rara porque non atopei un recipiente axeitado onde prensalo e metino nunha caixa baleira de xelado.
O queixo está feito con leite Leyma natura pasteurizado e segundo a receita de Fankhauser.