23/1/11

Negro negro


Moi similar a este, que me gustou tanto. Nesta ocasión boteille cravo.

INGREDIENTES
270 g masa nai de centeo
230 g fariña de centeo (Rincón del Segura)
205 g infusión de malta (cebada tostada caramelizada)
20 g melaza
25 g cacao puro en pó (abonda con 20, pero caeron 25 por descuido)
cravo moído
5 g sal

PREPARACIÓN
Mesturar todo, formar un bâtard sobre a mesa mollada, colocalo nun molde empapelado e aplastalo un pouco (pouco).
Deixar levedar (estivo 12 h no frigorífico e cousa de 3 h a temperatura ambiente), pulverizar auga e enfornar 1 h a 200ºC
Unha vez frío, envolver nun pano e deixar repousar dous días antes de comelo.

Máis chapatas para bocatas


As de onte gustaron tanto que repetimos. Hoxe con fariña do país.
Tamén unha bolla, un pouco sobrefermentada :(


Este pan é practicamente igual (se é que isto é posible) ao de onte.

INGREDIENTES
1000 g fariña de trigo do país
910 g auga fría, a 13ºC [91%]
5,5 g lévedo seco (un sobre)
15 g sal [1,5%]

PREPARACIÓN
O único que cambio é que estivo no frigorífico menos tempo (9 h, pouco, se cadra) e a temperatura ambiente aprox 3.15 h as chapatas e 3.45 h a bolla, que foi un pouco de máis.
Esta masa, máis consistente, tería agradecido un pregadiño ou dous no tempo que estivo amornando.
Hoxe cocino todo o tempo á máxima temperatura e foille ben, aínda que non tiven tempo de quentar a pedra.

22/1/11

Chapata bocatera à l'ancienne


A receita é a de Reinhart que propuxo Ibán no foro do pan. Engadín un chisco de fariña integral (que non se lle notou) para que non fose tan branco e rebaixei o sal do 2% ao 1,5%.

INGREDIENTES
450 g fariña trigo candeal T60 (Gabino Bobo / Froiz)
50 g fariña trigo integral (Rincón del Segura)
400 g auga fría, a 12-13ºC
10 g lévedo prensado [2%]
7,5 g sal [1,5%]

PREPARACIÓN
Mesturar todo durante 1 min ata obter unha masa homoxénea e deixala repousar 5 min.
Mesturar todo de novo durante 1 min e pasar a masa a un bol limpo lixeiramente untado de aceite. Deixala repousar 10 min.
Aceitar a mesa, envorcar a masa e facer un S&F. Poñer outra vez a masa no bol durante 10 min.
Facer outro S&F seguido doutro repouso de 10 min.
Facer un terceiro S&F e gardar a masa no frigorífico toda a noite (eu tívena 12 h, pode estar ata catro días).
O día que se vai enfornar, quitar o bol do frigorífico e deixalo temperar. Ten que acadar 1,5 veces o tamaño inicial. (Eu tíveno, se non me engano, contra 2.15 h a temperatura ambiente).
Enfariñar moi ben a mesa e envorcar a masa con coidado de non desgasificala. Botar tamén fariña con xenerosidade por riba da masa e cortala en dous.
Enfornar sobre a pedra, co forno quentado á máxima temperatura e con vapor ao comezo. Precisará contra 30 min. (Baixei a 200ºC pasados 10 min e penso que foi un erro: leva tanta auga que precisa moita calor).

Non usei pedra porque non me deu tempo de quentala e o pan non quedou todo o crocante e ben cocido por baixo que podería ter quedado. Aínda así, é un pan saboroso, con boa presentación, sinxelo e agradecido.

16/1/11

A pataca feliz



Faltoulle só botarse a cantar:

Molletes e molete

Pan branco, rápido e sinxelo. Hoxe non tiña ganas de traballar, fixen uns molletes para os almorzos e bocatas de media mañán e aproveitei os retallos que quedaron de cortar a masa para un molete con sal gordo (Maldon, que hai categoría) por riba.


A receita é a mesma que xa fixera noutras ocasións:

INGREDIENTES
400 g fariña de trigo candeal (Froiz/Gabino Bobo)
400 g sémola de trigo duro (fariña para migas Aragonesa Mercadona)
500 g auga [62,5%]
8 g lévedo prensado [1%]
10 g sal [1,25%]

PREPARACIÓN
O día anterior preparo un poolish con:
  • 100 g fariña candeal
  • 100 g sémola
  • 200 g lévedo
  • 2 g lévedo
Mesturo todo, remexendo ben, déixoo contra 1 h a temperatura ambiente e despois métoo no frigorífico.

O día do pan engado o poolish a una masa feita con:

  • 300 g fariña candeal
  • 300 g sémola
  • 300 g auga
  • 6 g lévedo prensado
  • 10 g sal
Amaso e deixo levedar cousa de 1 h 15 min
Desgasifico, estiro a masa cun rodillo sobre a mesa ben enfariñada e corto círculos cun aro de emplatar.
Deixo repousar un anaco e quento o forno a 200ºC
Enforno 15 min sobre a bandexa, sen vapor.

Para o molete: amaso os retallos e fago unha bola. Deixo repousar e estiro un pouco metendo as mans por baixo (como se fose unha pizza moi gorda).
Xusto antes de cocelo pulverizo auga e boto sal por riba.
Enforno 30 min a 200ºC

9/1/11

En ca' la Pepa


Unha antiga fábrica de fariña (estraña denominación para un muíño) é un bonito lugar para recibirmos o ano novo.
Coa brétema da mañán, máis branca aínda.

4/1/11

Bocata en Doñana


Paseando por el pinar de La Algaida en un silencio absoluto, que se agradece después del bullicio de Sanlúcar.

2/1/11

Telera gaditana


Merqueina esta mañán en Medina Sidonia. Era unha peza de 1 Kg polo menos e dicíanlle "pan de campo". É un pan abiscoitado, o miolo é tenro e amareliño como se levase ovo e a codia tamén é tenra.