Mostrando entradas con la etiqueta cervexa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cervexa. Mostrar todas las entradas

2/3/12

CCCP

Moi semellante a este pan pero hoxe coa fórmula CCCP (centeo + cebada + cervexa = pan).

INGREDIENTES para dous moldes de 1,5 L
400 g masa nai de centeo
800 g cebada en gran, cocida e remollada en cervexa sen alcol*
500 g fariña de centeo
125 g cervexa sen alcol
3 culleradas de mel de cana
1 cullerada de sirope de cebada
2 culleriñas de sal

*pesada xa cocida e remollada

PREPARACIÓN
Mesturo todo nun bol grande e deixo repousar 1 h
Distribúo a masa en dous moldes engraxados e empapelados.
Deixo levedar unhas 3 h e meto no frigorífico 8 h
Deixo levedar 2 h máis a temperatura ambiente.
Vernizo cun engrudiño lixeiro de maizena e enforno 15 min a 240ºC e 40 min a 200ºC
Saco o pan dos moldes, vernizo outra vez e enforno 10 min máis a 200ºC

Aínda que o aspecto é bo, sospeito dun starch attack. Verémolo mañán.

------------------------
Actualización 4/3/12
Partín o pan e está ben:

Asentou e hoxe xa non está tan tenro. Ben de sabor, dociño.

28/11/10

Barm day


Un pouco á vaiche boa. Con barm de Estrella Galicia a falta de bottle conditioned ale.

12/6/10

Rugbrød

Recén saídos do forno. Agora toca agardar dous días para que maduren ben. O recendo é moi bo, promete!
Rugbrød é pan de centeo en danés. Segundo o que lin na Wikipedia, debe de asemellarse moito a este e inclúe unha boa cantidade de gran enteiro cocido. Púxenlle ese nome ao post porque impresiona moito ;-)

A receita é a do Wholegrain rye bread de Dan Lepard The handmade loaf, p. 85, cun pequeno cambio: como non tiña centeo en gran boteille cebada e despois de cocida remolleina varias horas en cervexa negra.
_______________________

Velaquí o corte, dous días despois:
Gústame moito pero non se lle nota ningún sabor a cervexa, se cadra porque a que leva (Bock Damm) non é moi boa.

28/3/10

Pan de centeo con cervexa negra e grans de trigo e cebada

Igual que o 100% rye bread de Dan Lepard pero:
  • engado 75 gr de trigo e 75 gr de cebada (para dúas pezas) remollados en cervexa negra unhas 10 h
  • non lle boto auga senón a cervexa do remollado e duplico a cantidade que indica a receita,
  • pulverizo auga pola superficie do pan e non o unto co engrudo,
  • estiveron nos moldes unhas 12-13 h a 18-19ºC
Pensaba cocer o gran pero non tiven tempo. A cebada quedou ben, o trigo algo correoso.

A cervexa (que era unha Bock Damm corrente) non lle deu moito sabor.

Estivémolo comendo ao longo dunha semana e aguantou ben, sen secar.