19/2/12

Tordu à l'ancienne 90%H


INGREDIENTES para 4 barras
1000 g fariña de trigo moída en pedra W200 (Los Pisones)
900 g auga fría
5,5 g lévedo seco (1 sobre Maizena)
15 g sal
2 culleriñas de malta de trigo moída

PREPARACIÓN
Mesturo todo nun bol e deixo repousar 10 min
Remexo ben uns 3-4 min, reparto a masa en dous boles, tapo e meto no frigorífico 36 h
Deixo temperar 2 h a temperatura ambiente.
Enfariño ben a mesa con centeo e envorco a masa.
Divido o contido de cada bol en dous, prego e retorzo.*
Enforno sobre a pedra quente 45 min a 240ºC, os últimos 10 min dado volta (cú arriba).

*As dúas barras da primeira quenda foron de contado ao forno, as da segunda repousaron 10 min unha vez formadas e quizáis por iso o miolo quedou máis alveolado (a foto do corte é dunha das primeiras).