11/2/12
Pan de trigo e centeo con uvas e noces
INGREDIENTES
400 g masa nai 50% trigo, 50% centeo
600 g fariña de trigo moída en pedra W200 Los Pisones
100 g fariña integral de trigo Los Pisones
100 g fariña de centeo Los Pisones
500 g auga [70%] máis unha pouca que engadín no amasado
15 g sal [1,5%]
100 g uvas [10%]
80 g noces [pensaba poñer tamén o 10% pero non quedaban máis]
PREPARACIÓN
Tostar as noces e remollar as uvas.
Batir a masa nai coa auga.
Incorporar a fariña.
Autolise 30 min
Amasado 10 min
Primeira fermentación 3 h, cun S&F cada 60 min
Dividir en dous, formar e embanetonar.
Segunda fermentación 9 h ao fresco no balcón (uns 10ºC) e 2 h dentro da casa (uns 15ºC)
Enfornado sobre a pedra quente con vapor 15 min a 250ºC e 45 min a 200ºC sen vapor.