Moltes gràcies, Cecília.
30/6/10
Pickle & pickle
Moltes gràcies, Cecília.
28/6/10
1 Kg de frambuesas
Esta botella contén:
- 20 gr marmelada de frambuesa
- 30 gr azucre
- 1 gr lévedo fresco (aprox)
- algo menos dun litro de auga
Cando fixen a foto a mestura levaba 12 h de fermentación a temperatura ambiente (uns 23ºC). Aprécianse ben as burbullas de gas e a base da botella abombada pola presión.
Ten un ton ben bonito, non?
Isto promete!
Como di a miña socia na factoría R&R, agora xa non vamos poder parar!!
27/6/10
Guindas
26/6/10
Fast food
Hoxe, fast food: un spotted soda bread moi semellante ao que fixen hai pouco pero nesta ocasión con fariña integral (moito mellor así, aínda que non lle pegan moito as uvas pasas) e unha pouca manteiga cocida.
Saíu salgado de máis, se cadra porque leva máis bicarbonato do que precisa.
Boteille tamén parte do soro deste queixo, que ten boa pinta pero non ten présa por madurar:
A receita é a de Dan Lepard en The handmade loaf, p. 99, algo adaptada.
25/6/10
Palak paneer (sort of)
24/6/10
23/6/10
21/6/10
Nigra sum sed pulchra
INGREDIENTES para unha peza pequena (aprox. 700 gr, molde 20 cm)
270 gr masa nai de centeo integral
230 gr fariña branca de centeo
182 gr Pony Malta [87%]
20 gr melaza [5%]
5 gr coendros moídos [1%]
5 gr sal [1%]
PREPARACIÓN
Mesturar todo.
Esparexer uns coendros enteiros na base do molde e botar a masa.
Deixar repousar ata doblar o volume (estivo unhas 7 h a 18ºC)
Pulverizar auga e enfornar 10' a 240ºC e 40' máis a 200ºC
Deixar arrefiar, envolver e deixar repousar polo menos dous días antes de comelo.
É unha mestura curiosa de sabores: ácedo, doce, aromático... Iría ben con pomazanka, uzena makrela e okurky.
Ten un regusto á Pony que non me gusta, pero sospeito que o sabor ha ir variando co paso dos días.
Vita longa
Canto duran algunhas cousas!
19/6/10
Soda bread escuro
Fíxeno igual que o spotted soda bread de hai uns días, que saiu clariño, a única diferencia é que este en lugar de leite leva o soro do paneer. Ah, e leva bicarbonato sódico El Tigre en substitución do lévedo químico Royal.
18/6/10
Moon and stars
Elizabeth David, English bread and yeast cookery, London, Penguin Books, 1977, p. 533
Este libro é unha xoia.
17/6/10
Ras-el-hanout
13/6/10
Oatcakes
INGREDIENTES para unhas 20 oatcakes de 9 cm
140 gr copos de avea (Eroski)
140 gr copos de avea moídos
280 gr auga fervendo
28 gr manteiga [10%]
3 gr sal [1%]
6 gr sésamo [2%]
PREPARACIÓN
Mesturar os copos de avea enteiros e moídos, o sal e o sésamo.
Engadir a manteiga e botar por riba a auga fervendo.
Remexer ben e deixar repousar uns 15'
Estender entre dúas láminas de silicona tratando de deixalas finas e cortar discos co aro de emplatar.
Colocar as oatcakes en dúas bandexas e deixar cousa dunha hora para que sequen un pouco.
Enfornar a baixa temperatura (150ºC) uns 45', o tempo depende do grosor das oatcakes, o obxectivo é que queden crocantes. Pódeselles dar a volta para que vaian secando polos dous lados.
PROCEDENCIA
A receita é esta que publicou LaMaga no foro do pan, minimamente adaptada.
12/6/10
Rugbrød
Rugbrød é pan de centeo en danés. Segundo o que lin na Wikipedia, debe de asemellarse moito a este e inclúe unha boa cantidade de gran enteiro cocido. Púxenlle ese nome ao post porque impresiona moito ;-)
A receita é a do Wholegrain rye bread de Dan Lepard The handmade loaf, p. 85, cun pequeno cambio: como non tiña centeo en gran boteille cebada e despois de cocida remolleina varias horas en cervexa negra.
_______________________
Velaquí o corte, dous días despois:
Spotted soda bread
Nunca fixera (nin comera) un soda bread. Non diría que é exactamente un pan pero tampoco un biscoito. Gústame para o almorzo con cottage cheese caseiro e marmelada de laranxa amarga.
10/6/10
Pink Panther Bao
Quixen imitar estes Plastilina Bao de Ibán-San tan molones e saíronme dunha delicada cor rosa chicle. Aos meus á penas se lles nota o sabor a remolacha.
Non dou cantidades porque están feitos totalmente a ollo.
9/6/10
Menú degustación
8/6/10
Mestizaxe
6/6/10
Un ano de pan
Este panciño sinxelo de hoxe fíxeno sen pedra, como daquela, que non tiña.
Hoxe, ademáis, ampliamos o abano de produtos caseiros:
Bo proveito!
Queixo!
A forma é un pouco rara porque non atopei un recipiente axeitado onde prensalo e metino nunha caixa baleira de xelado.
O queixo está feito con leite Leyma natura pasteurizado e segundo a receita de Fankhauser.
5/6/10
Ginger ale
200 gr azucre de cana
2 gr lévedo prensado
32 gr xenxibre fresco ralado
2 L auga
A receita está tirada da páxina de Fankhauser. Cheguei alá procurando información sobre como facer queixo caseiro e atopei isto. Por certo, fixen tamén o queixo e algo de pan; está a ser unha fin de semana do máis completa...
Xa bebemos estes 2 L e temos 4 máis en preparación. Hics.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)