19/6/10

Soda bread escuro

Non sei por qué este pan saiu tan escuro como se levase melaza, semella un pumpkin bread ou un pain aux épices.
Fíxeno igual que o spotted soda bread de hai uns días, que saiu clariño, a única diferencia é que este en lugar de leite leva o soro do paneer. Ah, e leva bicarbonato sódico El Tigre en substitución do lévedo químico Royal.
E, ben pensado, hai aínda unha terceira diferenza: esquecín cubrilo con aluminio na primeira parte do enfornado, pero a cor non se debe a que estea torrado.