A piques de entraren no forno
INGREDIENTES para unhas 20 oatcakes de 9 cm
140 gr copos de avea (Eroski)
140 gr copos de avea moídos
280 gr auga fervendo
28 gr manteiga [10%]
3 gr sal [1%]
6 gr sésamo [2%]
PREPARACIÓN
Mesturar os copos de avea enteiros e moídos, o sal e o sésamo.
Engadir a manteiga e botar por riba a auga fervendo.
Remexer ben e deixar repousar uns 15'
Estender entre dúas láminas de silicona tratando de deixalas finas e cortar discos co aro de emplatar.
Colocar as oatcakes en dúas bandexas e deixar cousa dunha hora para que sequen un pouco.
Enfornar a baixa temperatura (150ºC) uns 45', o tempo depende do grosor das oatcakes, o obxectivo é que queden crocantes. Pódeselles dar a volta para que vaian secando polos dous lados.
PROCEDENCIA
A receita é esta que publicou LaMaga no foro do pan, minimamente adaptada.