28/7/10

25/7/10

Pantrigo (un fracaso)

Vaia decepción: amaseino e formeino ben (digo eu) e semellaba ir polo bo camiño ata que lle deu por pegarse ao banetón :(

INGREDIENTES
195 gr fariña de trigo GF Los Pisones [30%]
455 gr fariña de trigo do país [70%]
100 gr masa nai
510 gr auga [80%]
10 gr sal [1,5%]
10 gr malta de trigo [1,5%]

PREPARACIÓN
Mesturo todo agás o sal. Autolise 35 min
Engado sal e amaso à la Bertinet 20 min
S&F aos 30, 60 e 90 min
Coloco nun banetón enfariñado e meto no frigorífico 8 h
Deixo temperar 1 h a temperatura ambiente.
Quento o forno coa pedra dentro á máxima temperatura. Boto un vaso de auga no fondo e meto o pan.
15 min a 240ºC (pulverizo auga tres veces) e 40 min a 200ºC
Deixo arrefiar dentro do forno coa porta aberta.


Mal cocido e pouco levedado; probablemente o peor pan que fixen nunca :((

Familia numerosa

Faltaron o amidón de mandioca, a fariña de trigo candeal e algunha outra.

24/7/10

Máis pão de queijo

INGREDIENTES
200 gr polvilho doce (amidón de mandioca)
200 gr queixo ralado
4 gr sal
2 ovos batidos
50 gr leite
80 gr aceite de xirasol

PREPARACIÓN
Quentar o leite e o aceite ata que estean a piques de ferver e mesturalos coa mandioca e o sal.
Engadir os ovos un a un.
Engadir o queixo.
Formar boliñas (non importa se non son moi perfectas porque crecen no forno e quedan ben redondiñas).
Enfornar 17 minutos a 200ºC

PROCEDENCIA
Receita de Josep Pascual no Foro del pan. Elimino o azucre e engado sal. Dependendo do queixo, pode que non precise tanto sal.

Empanada de millo de bacallau con pasas

Gustoume tanto a receita de Carmen MTM que a repetín. A primeira vez fíxena de xoubas, hoxe con bacallau e pasas para celebrarmos a volta do Breadwinner.

23/7/10

Slow-fast food

Segunda tentativa de bolos de arroz, con resultado aceptable. Os traxes non saíron moi elegantes pero o importante é que mantiveron ben a forma e non se despegaron. Non estaba segura de se o engrudo aguantaría. Usei o tarro da alcaravea para lles dar forma :)
Agora o bonito sería prepararmos una tinta vexetal para escribir "Fabrico próprio".

A masa do bolo non ten complicación ningunha, faise nuns escasos cinco minutos. O que leva tempo a esgalla é o corte e confección dos traxeciños. Vou ter que buscar un aprendiz!

INGREDIENTES para 8 bolos
125 gr azucre (púxeno vainillado)
70 gr aceite de xirasol
3 ovos batidos
raspadura de limón
150 gr fariña de arroz
50 gr fariña de trigo
1 colleriña lévedo químico Royal

PREPARACIÓN
Bater o aceite co azucre. Engadir os ovos un a un batendo ben. Engadir as fariñas, o Royal e a raspadura de limón, mesturando todo ben. Resulta unha masa espesa e densa.
Aquecer o forno a 180ºC
Encher os moldes, esparexer un pouco azucre por riba e enfornar 30 min.

PROCEDENCIA
Tirei a receita deste foro. Engadín a raspadura de limón e substituín a Vaqueiro (margarina) por aceite de xirasol.
O método para formar os moldes, aquí.

Tentación

Cando o destino nolo pon diante por algo será :)

Ganas de facer pan

Desta fin de semana non pasa.

14/7/10

13/7/10

Pan negro de centeo branco

Cun soaker de pan vello e café, melaza e un toque de regaliz que non se aprecia.
Non sei as cantidades exactas porque o fixen un pouco a ollo.

12/7/10

Pão de queijo mineiro

...ainda que sem queijo mineiro porque aquí não o há.

Singelo, rápido e gostoso.
Aquí a receita de Vera, aquí a de Josep Pascual no foro vía Ibán.
20 minutos (ou menos) de forno a 200ºC (ou menos) e pronto!

Bom, muito bom :)

10/7/10

Fabrico próprio

Nunca fixera bolos de arroz porque non daba atopado unha receita convincente. Por fin din con esta, que parece bastante auténtica, e probei. Non saíron nada mal e penso que cun par de probas máis hei afinar a receita e obter unha versión definitiva.
O máis complicado foron os cilindros de papel; fíxenos tan mal que foron un desastre, apenas este bolinho (que tampouco é para tirar foguetes) é digno de foto...

8/7/10

Waterford soda bread con engadidos


O mellor pan do mundo

O mellor pan do mundo é o que fan para ti unhas mans amigas. Este veu de lonxe e traía o meu nome. Fíxome moita ilusión: é a primeira vez que alguén fai un pan para min!
Hoxe, tamén por primeira vez, regalei un pan que fixen eu.
Que coincidencia. Que bonito :)

7/7/10

Cousas bonitas

Este aromático pan que madura envolto en papel branco non sabe que mañán será un agasallo para unha persoa especial nin que ten un irmán case xemelgo noutra cociña á beira do Cantábrico nin que foi feito coa agarimosa e entusiasta axuda da miña socia ao outro lado da Rede.
Seino eu :)

5/7/10

Ajoblanco

Isto tan bonito e apetitoso non é unha sobremesa, é ajoblanco con anaquiños de mazá e un toque de pimenta moída. Fíxoo hoxe o Ganapán Inofensivo coa fariña de fabas secas que trouxo do sur (aquí non a hai). Eu nunca o comera e gustoume moito, aínda que el diga que non lle sae ben de todo. Hai quen lle bota pan, a nos gústanos sen el, segundo a receita de Matilde:

INGREDIENTES
20 gr fariña de fabas
30 gr aceite
20 gr auga + 600 gr
3 gr vinagre
5 gr sal
1 dente de allo

Tritúrase todo xunto coa batidora ata que emulsione, mestúrase ben cos 600 gr de auga e listo.
Servir moi frío.

Habémolo repetir, porque trouxo fariña para fartar:

4/7/10

Pequena decepción

Pan da Panadería Betanzos, no Carregal. O aspecto do pan é moi bo pero atópoo insípido e máis lixeiro do esperado, como se lle sobrase aire. A codia é fina e non moi cocida. Non entendo qué pasa, antes nesta panadería facían moi bo pan :(

Empanada de millo

Fíxena con masa nai e lévedo, seguindo a receita de Carmen en Madrid tiene miga. Leva millo, centeo e trigo. Nunca fixera unha empanada de millo e manexar esta masa (grazas ao trigo) non me resultou nada complicado.


A parte de abaixo non quedou tan fina como eu quería nin tan ben cocida, se cadra precisa máis temperatura ou colocar a bandexa máis abaixo no forno, pero para ser a primeira non está mal.
Do sabor non houbo queixa ningunha, é que as xoubas eran moi boas.

Boliños de arroz

Un experimento: apetecíame facer algo con fariña de arroz e probei esta esta receita, moi rápida e sinxela.
Algo saiu mal, porque a receita fala de batter e o que eu fixen entraba claramente na categoría de dough. Empreguei fariña de arroz Nomen; se cadra non é adecuada ou precisa máis auga.
Comémolos igual pero a verdade é que estaban bastante masucos. Haberá que seguir probando.

1/7/10

Pan de Carral

Hoxe, por primeira vez en meses, comprei pan, este bolo de Carral da foto. Levo moitos días sen facelo, a masa nai está aburrida no seu tarro.

Cartel da Festa do Pan de Carral deste ano