27/3/11

Pan de espelta semi integral


INGREDIENTES para dúas pezas boas
Masa 1
200 g fariña de espelta semi integral (Rincón del Segura)
70% auga
1,5% sal
40 g masa nai de trigo

Masa 2
800 g fariña de espelta semi integral
70% auga
1,5% sal

PREPARACIÓN
Preparei a masa 1 unhas 12 h antes de facer o pan e tívena todo ese tempo a temperatura ambiente.
Mesturei todo, amasei moi brevemente (menos de 5 min) e deixei repousar.
Primeira fermentación: 3 h, fixen 3 S&F espaciados 45 min
Retardo en frío no frigorífico: 8 h
Segunda fermentación, a temperatura ambiente: 1 h, división e formado, 1 h
Enfornado: sobre pedra quente, 20 min a 240ºC con vapor e 40 min máis a 200ºC
Deixeino arrefiar sobre unha grella dentro do forno coa porta entreaberta.

Un experimento

Mentres se quentaba o forno para o pan improvisei algo entre salgadinhas, regañás e tortas de aceite, con:

150 g fariña
40 g aceite
4 culleradas de auga
sal
sementes de anís
sementes de sésamo
azucre por riba

Non sei moi ben o que son pero desapareceron aos poucos minutos de sacalas do forno!

Festa do pan de Ousá en Friol

Fomos á festa do pan de Ousá e o queixo de Friol e compramos este pan informe:

2 € a peza de setecentos e pico gramos. A codia está un pouco resesa pero o miolo non está mal, é branquiño e ten un sabor suave.

Despóis fomos comer o pulpo (riquísimo) e mercamos un coitelo de Taramundi.

19/3/11

Espigas e barras


Fixen unhas barriñas pequenas, para bocatas, con fariña corrente que comprei nun supermercado de Montalegre (Portugal):

12/3/11

Crec crec crec

O mesmo pan de sempre, con distintas fariñas.

INGREDIENTES
1000 g fariña de trigo do país (Panificadora Betanzos)
400 g masa nai de centeo branco (Panificadora Betanzos)
640 g auga [70%]
18 g sal [1,5%]

PREPARACIÓN
Mesturo masa nai, fariña e auga. Autolise 45 min
Engado sal e amaso uns 15 min. A masa esténdese moitísimo.
Deixo levedar 2.15 h con 3 S&F, un cada 45 min
Meto a masa nun bol no frigorífico ata o día seguinte (12.30 h)
Deixo temperar 2.45 h
Divido, preformo, agardo 15 min e formo.
Enforno sobre a pedra ben quente 20 min con vapor a 240ºC e 50 min máis a 200ºC sen vapor.
Deixo arrefiar sobre una grella dentro do forno.

Salgadinhas de papoila


Vinas no blogue de Moira e tiven que facelas :) Fíxenas con trigo integral porque non tiña espelta e con manteiga cocida porque para iso é antroido, non?

INGREDIENTES para unha bandexa
100 g fariña de trigo
50 g fariña de trigo integral
80 g auga
40 g manteiga cocida
3 g sal
sementes de mapoula e sal Maldon para botar por riba

7/3/11

Caldo

«Por caridá, unha cunquiña de caldo, que aínda que estea frío quenta o corpo», disque adoitaba dicir un pobre home que ía pedir case decote á casa da miña bisavoa.


Este non estaba frío.

Pão em Pitões











3/3/11

Pan de centeo con centeo remollado en kéfir 2ª ed.


Unha versión rápida e un pouco a ollo deste pan, que fixen hai pouco. Nesta ocasión ademáis da masa nai leva 1,5% de lévedo para acelerar.
Cocino sen a pedra, directamente sobre a bandexa 1 h a 200ºC, e quedou moi ben.