10/5/10

Agasallo sorpresa

Esta mañán recibín un agasallo que me fixo moitísima ilusión: unha bolsa de fariña de millo. Tróuxoma Adriana. Unha amiga súa tiña millo na casa e levouno a moer ao muíño de Peiraio. Adri fixo onte unha empanada con ela e pensou que a min tamén me gustaría probala (a fariña, que da empanada non deixaron nin as frangullas).
E tanto que me gusta!! é unha fariña con nome e apelido, para que outros falen de denominación de orixe ou trazabilidade :-)