31/10/10

As primeiras laranxas do ano

As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas: aromáticas e cheas de zume, agasallo de Roser e Juanjo, que viñeron desde La Vall d'Uixó carregando con elas para nos! Laranxas viaxeiras :)

24/10/10

23/10/10

Pan de trigo integral e uvas

Cecília doume a idea e Olga as uvas.

INGREDIENTES
600 g fariña de trigo integral (RdS)
420 g zume de uva (70%)
9 g sal (1,5%)
dúas culleriñas de starter (tomasuca)

PREPARACIÓN
Preparo unha masa con estes ingredientes e déixoa todo o día a temperatura ambiente:
  • 100 g fariña de trigo integral
  • 70 g zume de uva (70%)
  • 1,5 sal (1,5%)
  • dúas culleriñas de starter

Engado ao anterior:
  • 500 g fariña de trigo integral
  • 350 g zume de uva (70%)
  • 7,5 g sal (1,5%)
Amaso uns segundos e deixo repousar.
Fermentación primaria: 3 h con S&F cada hora.
Formo, coloco no banetón e meto no frigorífico.
Saco e deixo a temperatura ambiente unhas 3 h
Enforno con vapor 15 min a 240ºC e 45 min a 200ºC sen vapor

18/10/10

Artesanía comestible

Meu pai sempre me está pedindo unha fougasse e eu sempre fago outros tipos de pan, con pouca codia (que é o que lle gusta a el) e moito miolo. Como hoxe cumple nada menos que setenta anos, fíxenlla. Por desgraza non me saiu demasiado ben :(

Aproveitando que tiña o forno quente, tostei unhas améndoas para facerlle tamén unha torta de turrón, unha das súas sobremesas favoritas:

Nunca fixera turrón, pero vin esta sinxela receita, tiña améndoas caseiras de cultivo ecolóxico e decidín probar. O sabor é delicioso pero a torta non endureceu (polo menos polo de agora) tanto como debería. Grrrr. Parece que hoxe non é o meu día de sorte na cociña :((

Agora ando á procura dunha receita de oblea: se alguén sabe como facela, que me mande un mail e mo conte, por favor.

17/10/10

Probando, probando

Ampliando a gama de produtos am & am (feitos a man, amodo).

Despois de ler isto non me puiden resistir a probar! Non tiña nin idea de que se podía facer na casa e que era tan sinxelo.

16/10/10

Mákové rohlíky

Velaquí a nosa aportación ao 5th World Bread Day, organizado por 1x umrühren bitte.

MÁKOVÉ ROHLÍKY

INGREDIENTES para 12 ks
400 g fariña trigo (RdS)
200 g masa nai de kéfir refrescada con auga e leite
125 g auga
125 g leite
25 g manteiga
10 g azucre
7,5 g sal
sementes de mapoula para decorar

20% fariña prefermentada
65% hidratación (aprox)
5% manteiga
1,5% sal
2% azucre


PREPARACIÓN
Mesturo todo agás o sal e a manteiga.
Amaso uns segundos e deixo repousar 1 h
Engado o sal, stretch & fold e deixo repousar 1 h
Engado a manteiga fundida, stretch & fold e deixo repousar 1 h
Meto no frigorífico 12 h
Saco (non deixo temperar), divido en 12 boliñas e formo.
Pulverizo auga e boto as sementes de mapoula.
Deixo repousar 20 min (tería precisado máis tempo, abríronse demasiado no forno).
Enforno 30 min a 180ºC sen vapor

9/10/10

Pan indio de iogur

Para mollar no prebe dun curry de lentellas e trigo xerminados.

INGREDIENTES
150 gr fariña de trigo
70% kéfir
unha cullerada de auga
chisco de sal

PREPARACIÓN
Mesturar todo, facer bolas, aplastalas a man e fritir en aceite ben quente con coidado de non queimalos.
Servir recén feito.
Quedan esponxosos por dentro, moi ricos e nada aceitados.

A receita orixinal é de Directo al Paladar.

8/10/10

Pan de centeo con coendros

Un pan 100% centeo branco con coendros inspirado no Borodinsky chlieb ruso.

INGREDIENTES para dous moldes de 1,5 l
810 gr masa nai de centeo branco (RdS)
690 gr fariña de centeo branco (RdS)
450 gr infusión de cebada malteada (engadín unha pouca auga máis ao mesturalo)
60 gr melaza
7 gr malta de trigo
7 gr coendros moídos
15 gr sal

PREPARACIÓN
Mesturar todo.
Deixar repousar contra 1 h
Botar a masa en dous moldes empapelados mollados.
Pulverizar auga por riba.
Meter no frigorífico (unhas 12 h)
Sacar, pulverizar máis e deixar temperar (unhas 3 h). Aumentou bastante de volume.
Pulverizar auga e enfornar 1 h a 200ºC sobre a pedra quente (cocera antes outro pan).

Adaptación da receita de Ibán no foro do pan, el á súa vez, adaptouna de Bread Matters, de Andrew Whitley.

7/10/10

Pan de trigo integral con mel e avelás

INGREDIENTES para dúas pezas boas

Masa léveda
  • 160 gr fariña trigo integral (RdS)
  • 112 gr auga [70%]
  • 2,4 gr sal [1,5%]
  • 16 gr masa nai [10%]

Masa nova
  • 640 gr fariña trigo integral (RdS)
  • 448 gr auga [70%]
  • 4,6 gr sal [1,5%]
  • 60 gr mel
  • 105 gr avelás moídas

Total
20% fariña prefermentada
70% auga
1,5% sal
7,5% mel
13% avelás

PREPARACIÓN
Mesturo todo e fago uns S&F, non amaso.
Deixo levedar, con pregados aos 60 e 120 min
Deixo repousar 30 min, divido e deixo repousar 15 min
Formo e coloco nos banetóns enfariñados.
Meto no frigorífico unhas 12 h
Deixo temperar 2 h
Enforno sobre a pedra quente.
15 min con vapor a 240ºC e 45 min sen vapor a 200ºC