Borodinsky chleb recén saído da factoría R&R, feito case a catro mans (velaquí a outra metade da produción, que fixo a socia), seguindo a receita de Ibán no foro do pan. Saiu ben escuriño.
INGREDIENTES para unha peza pequena (aprox. 700 gr, molde 20 cm)
270 gr masa nai de centeo integral
230 gr fariña branca de centeo
182 gr Pony Malta [87%]
20 gr melaza [5%]
5 gr coendros moídos [1%]
5 gr sal [1%]
PREPARACIÓN
Mesturar todo.
Esparexer uns coendros enteiros na base do molde e botar a masa.
Deixar repousar ata doblar o volume (estivo unhas 7 h a 18ºC)
Pulverizar auga e enfornar 10' a 240ºC e 40' máis a 200ºC
Deixar arrefiar, envolver e deixar repousar polo menos dous días antes de comelo.
É unha mestura curiosa de sabores: ácedo, doce, aromático... Iría ben con pomazanka, uzena makrela e okurky.
Ten un regusto á Pony que non me gusta, pero sospeito que o sabor ha ir variando co paso dos días.