Recén saídos do forno. Agora toca agardar dous días para que maduren ben. O recendo é moi bo, promete!
Rugbrød é pan de centeo en danés. Segundo o que lin na Wikipedia, debe de asemellarse moito a este e inclúe unha boa cantidade de gran enteiro cocido. Púxenlle ese nome ao post porque impresiona moito ;-)
A receita é a do Wholegrain rye bread de Dan Lepard The handmade loaf, p. 85, cun pequeno cambio: como non tiña centeo en gran boteille cebada e despois de cocida remolleina varias horas en cervexa negra.
_______________________
Velaquí o corte, dous días despois:
Gústame moito pero non se lle nota ningún sabor a cervexa, se cadra porque a que leva (Bock Damm) non é moi boa.