31/10/11

O outono é tempo de te

O pracer de beber devagariño cunca tras cunca de te mentres a tarde transcurre preguizosa e fóra cae a choiva.

Á maneira do mestre ;)

29/10/11

Semolina bread

Hamelman, Bread, p. 171.

Do país

Este ano temos moitas e boas noces e aínda non fixera un pan con elas. Fíxeno hoxe con trigo do país, tamén a masa nai (non me quedaba centeo). Está bo, pero bótaselle en falta o centeo :,(

25/10/11

Chilacayote 2011

Os primeiros tarros da tempada, con canela e cravo coma o ano pasado. Acabadiños de facer, coas etiquetas aínda húmidas.

(Que ben soa «chilacayote», moito mellor que «doce de gila» ou «cabello de ángel».)

Ensaio xeral

Chucrut con mazá, puré de patacas, salsa de oporto e lombo de porco asado.
Canto me gusta o outono! :)

22/10/11

Pan de molde rebentón

Non hai maneira de que me saia ben o pan de molde, sempre rebenta por un lado, normalmente o esquerdo . Supoño que se debe a unha combinación de factores: formado deficiente, pouca fermentación, o forno que distribúe mal a calor...

O de hoxe non foi unha excepción :(

A receita baséase no simple milk loaf de Dan Lepard, o meu pan de molde de cabeceira.

INGREDIENTES
500 g fariña de trigo candeal Froiz (Gabino Bobo)
320 g leite
100 g nata caseira (crème fraîche, ben ácida e con cheiriño a queixo)
20 g mel
2 g lévedo seco
7 g sal

PREPARACIÓN
Amaso todo xunto 5-7 min
Deixo levedar 1 h
Meto no frigorífico toda a noite.
Pola mañán deixo temperar, formo e coloco nun molde moi ben (se cadra de máis) engraxado.
Deixo levedar e enforno a 200ºC 55 min cuberto con papel aluminio e 5 máis fóra do molde.

Improvisando

Un pan dos que a min me gustan.

INGREDIENTES
300 g centeo medio partido + 300 g auga fervendo
300 g fariña de trigo integral (RdS)
300 g masa nai de trigo integral ao 100%
150 g auga
11 g sal

PREPARACIÓN
Escaldo o centeo e déixoo repousar unhas horas.
Mestúroo co resto de ingredientes.
Deixo levedar 1.30 h (ou 2 :? é que non mirei a hora).
Formo un bâtard, enmoldo, enfariño ben por riba e meto no frigorífico toda a noite.
Pola mañán sácoo e déixoo temperar unhas 3 h (tampouco estiven pendente do reloxo).
Enforno a 200ºC 55 min e 10 máis sen molde.

Salted oat crackers

Receita de Dan Lepard publicada en The Guardian.

Paciencia (2)

Xa van alá case dous meses. O gran día está a piques de chegar.

21/10/11

Reciclaxe resultón

Hoxe nin a man nin amodo: un resto de pisto, unha placa de masa follada comprada, un pouco queixo por riba, vinte minutos no forno e xantar preparado.

Pouco sofisticado pero enche o bandullo :)

20/10/11

Quibe assado

Coa receita de Vera:

2 cups (aprox 200 g) bulgur gordiño (non tiña trigo específico para quibe)
500 g carne de vitela picada
750 g auga fervendo
unha cebola picada
un pouco de aceite
unha cullerada de sal
pementa negra, canela, cravo, noz moscada
1/2 cup hortelá (hierbabuena)

Remollar o trigo coa auga ben quente ata que a teña absorbido toda.
Mesturar o resto de ingredientes.
Formar boliñas e enfornar (eu tívenas 30 min a 200ºC)

Con estas cantidades sae moitísimo quibe. Eu fixen 40 boliñas e gardei parte no conxelador, aínda crúas, para outro día.

15/10/11

Unha boa fornada

Hoxe o forno traballou arreo. Primeiro un pan de molde, seguindo máis ou menos de perto a receita do simple milk loaf de Lepard (The handmade loaf, p. 46), que nunca falla.

Usei fariña candeal marca Froiz, de Gabino Bobo. Gústame como quedou o miolo, en cambio por fóra deixa moito que desexar. Non son quen de facer un pan de molde ben feitiño, sempre abren por un lado ou polos dous :(

Este pan compartiu forno cun Holzofenbrot que fixen ollando de esguello para a receita do foro pero sen prestarlle moita atención e improvisando un pouco.

Na foto non se aprecia o plano que saiu, case unha torta. De todos xeitos é un pan moi agradecido e ha de estar bo.

E, xa para rematar, unha strata (baseada nesta) para aproveitar un pan de centeo que levaba meses no conxelador agardando que fixese algo con el.



13/10/11

Oatcakes con queixo Valdeón

Aperitivo mentras aquece o borscht: o queixo azul que trouxemos da escapada a Picos cunhas oatcakes caseiras.

Máis borscht

Hoxe máis encarnado, espeso e saboroso. Mágoa que o tempo non acompañe.

10/10/11

2/10/11

Pan de trigo integral con lévedo de mazá

Gustoume o pan con lévedo de froita que fixen a semana pasada. Hoxe fixen de novo pan con este lévedo (refrescado ao longo destes días con tona de mazá) e nada de auga, todo o líquido que contén a masa é este lévedo líquido de cheiro afroitado. Ademáis preparei un prefermento co 50% da fariña para darlle máis carácter ao pan.

INGREDIENTES
Prefermento
500 g fariña integral de trigo (RdS)
300 g lévedo líquido [60%]

Masa principal
Todo o prefermento
300 g farina integral de trigo
200 g fariña de trigo
350 g lévedo líquido [70%]
15 g sal [1,5%]

PREPARACIÓN
Preparo o prefermento e déixoo 12 h a temperatura ambiente.
Mesturo o prefermento co resto de ingredientes, amaso uns 3 min e deixo levedar 3 h
Divido, formo e coloco en banetóns enfariñados con centeo.
Deixo levedar 1 h
Enforno 20 min a 240ºC con vapor e 30 min máis sen vapor a 200ºC
Repousan no forno quente apagado coa porta entreaberta.

Abóbora no forno

É incrible o que está a dar de si a mini horta. Ela condiciona en boa medida os nosos menús, cociñamos segundo o que haxa dispoñible. Hoxe inventei unha receita de cabaza rechea con cebola, cogumelos negros (Auricularia polytricha), okara, cacahuete, sésamo e curry.

Galletas integrales con uvas

Unha versión destas galletas, hoxe con trigo integral e uvas e sen limón. Engadín un pouco de soro de leite porque a masa precisaba máis humidade.

1/10/11

Estraño comezo de outono

Estraño comezo de outono, con temperaturas de verán e almorzos de verán... sen que deixe de ser outono.