6/6/10

Queixo!

Para ser a primeira vez que fago queixo non me podo queixar do resultado :-D Sorprendeume que saíse tan ben, aseméllase moitísimo ao do Cebreiro. Haberá que agardar uns días a ver como evoluciona.
A forma é un pouco rara porque non atopei un recipiente axeitado onde prensalo e metino nunha caixa baleira de xelado.
O queixo está feito con leite Leyma natura pasteurizado e segundo a receita de Fankhauser.