4/2/10

Pan candeal 45% H

Un pan de secano, para compensar os excesos hídricos de días anteriores.

PAN CANDEAL

INGREDIENTES para dúas pezas medianas
300 gr fariña candeal (Paulina Martos)
157 gr auga [45%]
5,25 gr lévedo prensado [1,5%]
5,25 gr sal [1,5%]

PREPARACIÓN
Mesturar todo e deixar repousar 1 h
Amasar (é unha masa durísima)
Deixar levedar 45'
Amasar e refinar para desgasificar ben.
Deixar levedar outros 45'
Amasar un pouco, desgasificar, formar dous batards e aplanalos.
Deixar repousar 1 h
Aquecer o forno a 200ºC
Botar un vasiño de auga na base do forno xusto antes de meter o pan. Dar un corte fondo a cada peza e cocer 45'

Como foron improvisados non fixen prefermento nin nada; fareino para a próxima.
Pode que con 40' de forno lles chegue.