Riquísimo pan de millo e centeo con pasas e noces e dous pasteis de natas. Da Padaria-Pastelaria "A Castrejinha" en Castro Laboreiro, na Serra da Peneda (Parque Natural Peneda-Gerês). Trouxemos tamén fariña escura de centeo. A panadeira díxonos que tiñamos que peneirala para facer pan. Por que? a mín gústame co farelo!