Cunha pouca fariña milla no amoado, como me explicou Gabi, mestre filloeiro.
Non me saíron tan finas como me gustan pero de sabor estaban moi boas. Non deixamos unha!
INGREDIENTES para unha ducia ou máis
120 gr fariña de trigo de uso corrente (usei Gallo repostería que era o que tiña)
30 gr fariña de millo (Adpan)
380 gr caldo ou leite (moitísimo mellor con caldo)
2 ovos
sal
un anaquiño de touciño para a tixola
SEGUNDO INTENTO
Fíxenas outra vez sen fariña milla, con 150 gr de fariña triga, e tamén saíron ben.
TERCEIRO INTENTO
Fíxenas unha vez máis con 140 gr de trigo e 10 gr de millo e foron as que mellor saíron.