23/2/10

Centeo, millo, pasas e noces

Centeo portugués, millo asturiano, pasas de Málaga e noces de :-? non sei.
A imitación dun pan delicioso que compramos en Castro Laboreiro. Non se parece moito pero tamén está bo :-)

PAN DE CENTEO E MILLO CON PASAS E NOCES

INGREDIENTES
400 gr centeo escuro (Castrejinha)
200 gr millo (Adpan)
130 gr masa nai de centeo
gr auga [82%]
13 gr sal [2%]
7 gr malta [1%]
130 gr noces peladas [20%]
130 gr pasas de Málaga [20%]

PREPARACIÓN
Mesturar ben as fariñas, malta, auga e masa nai. Deixar 2 h
Amasar un pouco dentro do bol e engadir as pasas, as noces e o sal.
Formar e colocar nunha bandexa.
Vernizar ben con auga e deixar repousar tapado. Estivo ata o día seguinte a uns 16ºC
Pasaron unhas 15 h desde a autolise ata a entrada no forno.
Coceu 1 h a uns 200ºC, a codia non endureceu.