10/2/10

Adiviña

Unha pataca?! :-m

Ou é un koblih? :-)

Son baozi doces!!

INGREDIENTES
150 gr fariña de trigo corrente (Gallo)
50 gr fariña de repostería (Gallo)
120 gr leite morno [60%]
4 gr lévedo prensado [2%]
10 gr manteiga [5%]
20 gr panela [10%]
unha colleriña de melaza
sal
canela en pó
chocolate en anaquiños para o recheo

PREPARACIÓN
Disolver o lévedo no leite, engadir a melaza e a panela.
Á parte, mesturar as fariñas co sal e a canela.
Amasar todo xunto, contra o final do amasado incorporar a manteiga abrandada.
Deixar levedar 45'
Dividir a masa en oito boliñas, aplastalas en forma de discos, rechear co chocolate e formar.
Pousar as boliñas boca abaixo en cadradiños de papel de forno e deixar levedar.
[Deixeinas no frigorífico porque tiña que sair, estiveron unhas 3 horas e media]
Cocer 14'

Cocinas un minuto máis porque estaban frías pero saíron algo densos de máis, non sei se por exceso de cocción ou polas características da masa.


Pódense gardar no frigorífico e quentar no microondas.