Un intento de esquecer o fracaso da semana pasada.
ROSCA EN FORMA DE OITO
INGREDIENTES
500 gr fariña de forza
275 gr leite morno previamente fervido
2 ovos (e outro para pintar)
15 gr lévedo prensado [3%]
50 gr manteiga cocida [10%]
50 gr azucre [10%] (e algo máis para adornar)
7,5 gr sal [1,5%]
Unha colleriña de esencia de anís
PREPARACIÓN
Disolver o lévedo no leite e mesturar todo menos a manteiga.
Amasado Bertinet 25'
Deixar levedar 30'
Amasar incorporando a manteiga pouco a pouco.
Deixar levedar 1 h
Formar (é un dicir: pegábase ás mans e estaba branda, fixen o que puiden, unha especie de oito)
Deixar levedar 1 h
Pintar con ovo e botar azucre húmido por riba.
Aquecer o forno a 200ºC e cocer 40'
Deixar arrefiar cuberto cun pano para que non seque.
CATA
Moi rico e tenro, non demasiado doce.
Creceu moitísimo durante o levedado e tamén no forno.
A MELLORAR
A receita orixinal indicaba 250 gr de leite, aumentei a cantidade porque algunha vez que o fixen saiu algo duro de máis. Non precisa tanto líquido, fai que a masa sexa pegañenta, máis difícil de traballar e case imposible de formar. Probablemente o que sucedeu é que os cocía de máis e secaban. Pode que a este tamén lle sobrase un pouquiño de forno ou de temperatura: estaba perfectamente cocido pero ao día seguinte xa secara.
PROCEDENCIA
Baséase na masa dolce de brioche pobrísimo de Bertinet, con mínimas modificacións.