15/9/10

Tosta

Unha cea sinxela e deliciosa: pan, queixo e marmelada de pementos, que saiu tan espesa como saborosa.

Tirei a receita da marmelada de aquí, as modificacións foron mínimas:

INGREDIENTES
500 gr pementos vermellos
125 gr azucre morena
125 gr azucre branco
zume de limón
un anaco de mazá
unha tira de pel de limón
un anaco de xenxibre

PREPARACIÓN
Troceo os pementos en anaquiños e póñoos a cocer co resto dos ingredientes ata que amolecen.
Retiro o xenxibre e a pel de limón e trituro.
Listo.