20/9/10

Pizza de restos

Para irmos aproveitando cousas.

A masa leva:

  • 100 gr sémola de trigo duro
  • 100 gr fariña de trigo do país
  • 200 gr fariña de trigo Rincón del Segura
  • 65% auga
  • 2% sal
  • dúas culleriñas de masa nai (tomasuca)

Boteille por riba o que atopei no frigorífico:

  • 1 tomate
  • 1 cebola
  • 1/2 pemento
  • ourego
  • un pouco aceite
  • un anaquiño de queixo de cabra
  • un anaquiño de queixo Cabrales
Curiosamente, cando se cociña con restos adoitan saír cousas ben boas.