INGREDIENTES para dúas pezas boas
Masa léveda
- 200 gr fariña de trigo RdS
- 140 gr auga [70%]
- 3 gr sal [1,5%]
- dúas colleriñas de starter
- 1000 gr fariña de trigo RdS
- 700 gr auga [70%]
- 15 gr sal [1,5%]
- 18 gr malta
16,6% fariña prefermentada
70% auga
1,5% sal
1,5% malta
PREPARACIÓN (T=24ºC)
Mesturo a masa nova coa vella esnaquizada.
Amaso 5 min
Fago unha bola e deixo levedar.
S&F aos 45, 90 e 135 min
Deixo repousar, divido en dous, preformo e formo.
Coloco nos banetóns e meto no frigorífico 12 h
Deixo temperar 3 h
Enforno 15 min a 240ºC sobre a pedra quente con vapor abondo e 45 min a 200ºC sen vapor.