18/9/10

Empanada de millo de wakame e berberechos

Hai uns días probei na Festa da Empanada de Carral unha empanada de wakame e berberechos que me gustou moitísimo. Nunca a vira e entráronme moitas ganas de facela na casa.
Aínda que a de Carral era de trigo, eu fíxena de millo. Adaptei a estupenda receita de Carmen de MTM prescindido do lévedo comercial; a miña leva só masa nai.

INGREDIENTES DA MASA
  • 400 gr fariña milla (Adpan)
  • 50 gr fariña centeo (RdS)
  • 240 gr masa léveda
  • 172 gr auga (engadín un pouco máis no amasado)
  • 125 gr aceite (non se bota todo, resérvase un pouco para pincelar por riba)
  • 6 gr sal

A masa léveda, feita o día anterior, leva:
  • 138 gr trigo do país
  • 91 gr auga [65%]
  • 2,7% gr sal [2%]
  • dúas colleriñas de starter
O recheo leva:
  • 1 Kg cebolas
  • 600 gr berberechos
  • 50 gr wakame
Unha hora de forno a 200ºC sobre a pedra quente.