A miña versión particular da receita deste doce que vin aquí.
INGREDIENTES
100 gr sémola de trigo
25 gr sésamo cru
50 gr manteiga
50 gr mel
25 gr améndoas branqueadas
auga de azahar
canela moída
PREPARACIÓN
Botar nunha tixola as améndoas, a sémola, o sésamo e a manteiga, remexendo contra uns 15 min, con pouco lume, ata se formaren frangulliñas.
Engadir o mel, a auga de azahar e a canela e remexer 5 minutos máis.
Envorcar nun molde e compactar ben.
Unha vez frío (endurece abondo), cortar en porcións.