23/8/09

Falso pan de leite de Hokkaido (brioche 5ª ed.)

De esquerda a dereita, cacao, marmelada e sementes de mapoula

FALSO PAN DE LEITE DE HOKKAIDO (BRIOCHE, 5ª ed.)

Este é un falso pan de leite de Hokkaido, un hokkaido de imitación. Leva leite (galego) e non sigue para nada a receita de La olla suiza, unicamente imita a forma: pareceunos tan espectacular que tivemos que facelo. Empregamos a receita de brioche xa coñecida porque é fácil e sae moi ben. Fixemos tres a un tempo, a bandexa do forno ata os topes, quitáronse algo de calor uns aos outros e non quedaron ben cocidos polos lados.



Bonitos, eh?


Pódense conxelar; unha vez desconxelados están igual de bos que recén feitos.
Envoltos nunha bolsa de plástico aguantan varios días no frigorífico pero resecan un pouco.