24/8/09

Pan básico con masa nai, toda a noite fóra (o pan gasa)


PAN BÁSICO CON MASA NAI, TODA A NOITE FÓRA (O PAN GASA)

INGREDIENTES para dúas pezas boas, de máis de 800 gr
1000 gr fariña de forza (Baldomir)
450 gr masa nai (100% trigo)
632 gr auga (70%)
20 gr sal (1,6%)
20 gr azucre (1,6%)
salvado

PREPARACIÓN
Misturar fariñas, salvado, masa nai e auga. Autolise 30'
Amasado Bertinet. Repouso 1 h e pregado; de novo repouso 1 h e pregado. Formado e aos banetóns. Estiveron toda a noite fóra do frigorífico (tempo transcurrido desde a autolise ata o momento de metelos no forno, aprox. 9 h)
Envorcar os banetóns foi problemático, pegáronse as masas, houbo que estiralas para ver de sacalas e despóis de pelexar un bo anaco (qué estrés!) por fin saíron.
Non lles fixen cortes, non os precisaban.
Forno 15' a temperatura máxima con vapor e 45' máis a 200ºC
A segunda peza (non collían as dúas ao mesmo tempo) estivo 10' menos. As dúas quedaron perfectamente cocidas.


CATA
Moi, moi bo miolo, esponxoso e consistente; coida aceptable.
O primeiro día, un pouco ácedo de máis. Despóis, a parte que conxelamos e comimos días máis tarde, estaba ben, moi saboroso e con moi boa textura. Sen dúbida ningunha, o mellor pan dos que levamos feito.


A MELLORAR
Pegáronse aos banetóns polo fondo, non sei se por ter pouca fariña (a verdade é que non lles botei moita) ou por pasar tanto tempo a masa neles a temperatura ambiente. Non tiña termómetro pero calculo que estaríamos a uns 20º
Por sorte non romperon e non foi tan grave a cousa: agás un aspecto un pouco estraño, polo demáis sairon ben.