25/7/09

Galletas molonas


GALLETAS MOLONAS

INGREDIENTES para 10 pezas grandes
50 gr manteiga
2 ovos
85 gr fariña de trigo do país
130 gr azucre
15 pistachos esnaquizados en anacos grosos
sésamo negro (black cumin, nigella sativa)
un chisco de sal

PREPARACIÓN
Deixar abrandar a manteiga. Misturar todos os ingredientes (a batidora pode ser útil para que quede homoxéneo) agás os pistachos e o sésamo. Quedará unha pasta espesa.
Cunha coller, formar círculos sobre un papel de forno. Deben ser finos porque despóis suben. No medio de cada círculo botar sésamo negro e anaquiños de pistacho.
Enfornar (non collen nunha soa bandexa) a 180 ºC uns 10'. Estarán brandas. Deixar arrefiar sobre unha superficie curva, por exemplo unha botella. Unha vez frías, cocer uns minutos máis para que queden crocantes.

CATA
O sabor é bo pero a presentación é do máis vistoso pola combinación do douradiño da masa, o negro intenso da nigella sativa e o verde dos pistachos. Pódense comer soas (faltaría máis!) pero como son tan bonitas van moi ben para dar un toque de cor a unha sobremesa. Puxémolas con arroz con leite e uns fíos de melaza (non hai foto da sobremesa completa porque non deu tempo).

PROCEDENCIA
Adaptación dunhas galletas de Directo al paladar
http://www.directoalpaladar.com/postres/tejas-galletas-genuinas