9/7/09

Pan con masa nai e kéfir en pyrex



PAN CON MASA NAI E KÉFIR EN PYREX

INGREDIENTES
350 gr fariña de forza
200 gr masa nai (100% centeo integral ecolóxico)
170 gr auga (60%)
50 gr kéfir espesote
10 gr panela ralada
7 gr sal

PREPARACIÓN
Misturar fariña, masa nai e auga. Autolise 30'
Amasado Bertinet uns 25'. Engadín unha pouca auga máis (non sabería dicir canta) como antiadherente.
Pregado e repouso 30'
Outro pregado e toda a noite no frigorífico, sobre a bandexa, enfariñado e tapado cun bol. Esparramose un pouco e non creceu moito.
Pola mañán deixeino un par de horas a temperatura ambiente antes de metelo no forno. Subiu ben.
Cocer sen precalentar o forno, cuberto polo bol de pyrex 55' a 220º e 5' máis destapado e ainda 5' más dado a volta (cú arriba).



CATA
Recén saído do forno cheiraba a parmesano, despois só recordaba lonxanamente o queso. Sabor pronunciado pero no ácedo. Miolo consistente, con alveolado grande e irregular, codia pouco crocante unha vez frío, un pouco correosa.

A MELLORAR
Por un lado pegouse un pouco ao molde.
Tería sido mellor deixalo repousar toda a noite nun bol (ou banetón, que daquela non tiña) para que non perdese a forma.