PAN DE LEITE (BRIOCHE)
INGREDIENTES para 10 pezas de moi bo tamaño
500 gr fariña de forza
250 gr leite
50 gr manteiga
80 gr azucre
25 gr lévedo prensado
1 colleriña sal (aprox. 6 gr)
auga de azahar
ovo para pintar
azucre para adornar
PREPARACIÓN
Amasar todo xunto.
Deixar levedar 1 h
Facer boliños e deixalos repousar na bandexa do forno, en lugar morno e húmido, aprox 1 h
Antes de metelos no forno, pintalos con ovo, cortar e adornar con azucre humedecido.
Enfornar 180º 25'
CATA
Quedaron un pouco consistentes de máis. Non sei se por falta de amasado, por exceso de forno (a receta orixinal indica 12-14') ou por non ter fervido o leite por aquilo da enzima.
A MELLORAR
Probar a ferver o leite antes a ver se queda máis tenro pero a verdade é que así non está mal.
Cando vin a foto na web entroume tanta présa por facelo que non o cuidei moito, nin esperei antes da incorporación da manteiga nin nada (isto pode dificultar a formación das cadeas de glute, segundo di o panadeiro Reinhart). A próxima vez pódese probar con pâte fermentée ou a darlle formas creativas, tipo o pan de leite de Hokkaido, cun recheo de sementes de mapoula, por exemplo.
PROCEDENCIA
http://www.gastronomiaycia.com/2008/01/20/brioches/