25/7/09

Pan de leite (brioche, 2ª ed)


PAN DE LEITE (BRIOCHE) (2ª ed)

INGREDIENTES para 25 pezas medianas-pequenas (unha bandexa)
500 gr fariña de forza
250 gr leite
50 gr manteiga
100 gr azucre
25 gr lévedo prensado
1 colleriña sal (aprox. 6 gr)
esencia de anís
ovo para pintar
azucre para adornar

PREPARACIÓN
Ferver o leite e deixalo arrefiar.
Misturar o leite coa fariña, o lévedo e o azucre. Deixar 10'
Engadir a manteiga, o sal e o anís.
Amasar ata formar membrana.
Facer unha bola e deixar repousar na neveira ata o día seguinte (estivo unhas 12 h, creceu moito).
Deixar a temperatura ambiente unhas 2 h
Facer boliños e deixalos repousar na bandexa do forno, en lugar morno e húmido, aprox 1 h
Antes de metelos no forno, pintalos con ovo, cortar e adornar con azucre humedecido.
Enfornar 180º 25'



CATA
Presentación excelente. Recén feitos estaban tenros, co paso das horas endureceron. Pódese aumentar a cantidade de leite e/ou engadir un ovo ou dous para facelos máis tenros.
Moi bo sabor; gústame o toque do anís. A textura é mellor ca dos primeiros que fixen.



PROCEDENCIA
De Gastronomía & Cia
http://www.gastronomiaycia.com/2008/01/20/brioches
Engadín a fermentación retardada en frío, ferver o leite e o anís no canto de auga de azahar. Tamén aumentei a cantidade de azucre.