15/7/09
Trenza escuriña, rosca e boliños
TRENZA ESCURIÑA
INGREDIENTES
300 gr fariña de forza
100 gr fariña de centeo integral ecolóxica
240 gr auga (60%)
8 gr lévedo prensado
8 gr sal
un chisco de azucre
unha colleriña de melaza
unha presada de pasas
sésamo para adornar
PREPARACIÓN
Misturar fariña e auga. Autolisis 30'.
Á parte, mistura-lo lévedo cun pouco da fariña e auga.
Misturar todo, engadir azucre e sal e amasar.
Deixar repousar 1 h
Engadir a melaza e as pasas (isto non o fixen antes porque a metade desta masa useina para facer uns boliños).
Amasar de novo e formar catro churros iguais.
Trenzar e deixar repousar 30' en lugar cálido e húmido.
Pulverizar con auga e esparexer sésamo por riba, que fai bonito e dá bo sabor :-)
Aquecer o forno a 200ºC, cocer uns 30', los primeros 15' con vapor abondo e pulverizacións de auga.
PROCEDENCIA
Baséase na clásica masa 60-2-2, co engadido das pasas e a melaza.