10/4/10

Sourdough branco [60%]

INGREDIENTES para dúas pezas pequenas (pouco máis de 400 gr cada unha)

400 gr trigo branco ecolóxico (Rincón del Segura)
320 gr masa nai 60%H (200 gr fariña triga, 120 gr auga)
240 gr auga morna [60%]
8 gr sal [1,5% escaso]

PREPARACIÓN
Mesturo todo agás o sal. Autolise 20'
Amaso uns 5'ou menos, engadindo o sal. Fago unha bola e deixo levedar 90'
Desgasifico un pouco, amaso uns segundos, divido en dous, formo e coloco nos banetóns.
Pasaron nos banetóns unhas 14-15 h a unha temperatura que oscilou entre 19 e 15ºC
Enfornei sobre a pedra quente. 15' a máxima temperatura con vapor (botei un vaso no fondo do forno), baixo a 200ºC e deixo 20' sen vapor (os últimos 5' coa porta entreaberta).

É a primeira vez que uso a masa nai cunha porcentaxe distinta do 100%, disque da un sabor máis pronunciado. Ainda que prefiro o pan con centeo, recoñezo que este está moi bo :-) Esta fariña é ben rica.