900 gr fariña de trigo ecolóxico Rincón del Segura
240 gr pataca cocida (dúas pequenas)
30 gr lévedo prensado [non precisa tanto]*
280 gr auga morna
280 gr leite morno
30 gr sal [é moitísimo, sae demasiado salgado!!]*
40 gr manteiga branda [non está na receita orixinal]
PREPARACIÓN
Cocer as patacas con pel. Pelalas e mesturalas coa fariña e o sal.
Á parte, desfacer o lévedo na auga e o leite.
Amasar todo xunto e engadir a manteiga.
Deixar levedar 1 h
Desgasificar, dividir e formar (coloquei catro boliñas de masa en cada molde engraxado).
Deixar levedar 1 h
Esparexer unha pouca fariña por riba.
Enfornar 45' a 210-220ºC
Está bo, aseméllase moitísimo ao mad'arský chlieb que comiamos en Bratislava. Heino facer sen molde, formando un molete.
* Fíxeno outra vez coa metade de sal e lévedo e saiu moito mellor.
----------------------------------------------
76%H
Cantidade total de auga (grosso modo):
- Pataca 80% auga = 192 gr
- Leite 89% auga = 249 gr
- Non teño en conta a manteiga.
- 280 auga +192 pataca + 249 leite = 721 gr
- Fariña propiamente dita = 900 gr
- Pataca 20% amido = 48 gr
- 900 fariña + 48 pataca = 948 gr
PROCEDENCIA
Elizabeth David, English bread and yeasted cookery, Penguin, 1979, p. 288-289 e LaMaga en El Foro del Pan.