10/4/10

Pan de améndoas (Almond-milk loaf)

Pan de améndoas para o almorzo. Facilísimo de facer, tenro e de sabor suave, non doce.
É o Almond-milk loaf do libro The handmade loaf, de Dan Lepard, p. 118. Empreguei unicamente fariña de trigo branco de Rincón del Segura.
As améndoas tróuxoas o Ganapán Inofensivo de Fuente Álamo (Alcalá la Real), son de cultivo ecolóxico e partiunas el mesmo.