5/1/10

Roscón de reis e raíñas

Agora sei por que o roscón se fai só unha vez ao ano: polo traballo que dá! Este precisou unha hora longa de amasado Bertinet e fíxome dubidar das miñas posibilidades.
A receita está tirada dun clásico, o libro de cociña da Sección Femenina.

Non lle puxen sorpresa por precaución: houbo quen tragou unha espiña de robaliza de 2 x 1 cm (nada menos) e non nos apetecía visitar urxencias outra vez máis nestas festas.


El Noi del Cap Pelat fixo, unha vez máis, un roscón estupendo con esta mesma receita e explica aquí moi ben o proceso (e aproveita para presumir do resultado, claro).