Coceu co forno apagado; antes cocemos un pan e coa calor que tiña acumulada a pedra abondou e despois de sacar a rosca aínda estaba quente, poderíamos ter asado tamén unhas mazás!!
A receita é a que xa fixemos en moitas ocasións, a masa doce básica de Bertinet con pequenísimas modificacións:
- 500 gr fariña de forza
- 250 gr leite
- 15 gr lévedo prensado
- 50 gr manteiga (a receita di 60 gr)
- 50 gr azucre (a receita di 40 gr) máis azucre para adornar
- 7,5 gr sal (a receita di 10 gr)
- 2 ovos
Penso que tería precisado algo máis de leite.