A idea era copiarmos estes da Olla Suiza pero botámoslles un pouco de todos os restos que tiñamos por casa: sémola, fariña Gallo, fariña de trigo galego, un anaquiño de queixo que non era moi bo e dúas culleradas do aceite con herbas no que tivéramos o queixo tres ou catro meses por ver se melloraba.
Fixémolos ben grandes: para que se aprecie a proporción, o vaso é de sidra.
Saíron ben (non deixamos un!) ainda que non se parecen nada aos da Olla Suiza.