10/12/09

Kde je moje pivo? (Sour 100% rye bread)

Pero se sabe a chleb auténtico!! Ademáis de pivo, pide okurky, sunka, brindza... A falta diso tamén está bo con manteiga salgada.

Tardou moitísimo en subir, unhas 24 h, a tomasa está preguiceira ultimamente.


PROCEDENCIA
Sour 100% rye bread de Dan Lepard, The handmade loaf, p. 31. Aumento a cantidade de auga de 50 a 100 gr e engado alcaravea. Como non teño fine rye flour, emprego centeo integral ecolóxico Biogredos para a masa nai e centeo Farinarium (que non sei ben qué é) para a masa. Queda compacto pero comestible.