Fixen esta riquísima sopa-potaxe cunha espiña de salmón (restos dun que marinei haberá un par de meses), allo porro da horta de Laura, cenoura, pataca e kishk. Boteille un pouco eneldo por riba no momento de servir. Todos os sabores combinan á perfección: o kishk axuda a espesar o caldo e aporta un puntiño ácedo delicioso.
Este kishk ten historia: prepareino este verán nunha escapada montuna entre León e Asturias. Levei un táper con bulgur mesturado con kéfir (ou iogur, non me acordo ben) e cada mañán remexía un pouco mentres preparaba o café para o almorzo no camping gas; logo pasabamos o día camiñando por aí e ata o día seguinte. Slow food da boa :)
Máis información sobre o kishk, aquí.
Máis información sobre a sopa tarhana, aquí.
Unha receita de sopa tarhana á que lle teño botado o ollo hai tempo, aquí.