Non hai maneira de que me saia ben o pan de molde, sempre rebenta por un lado, normalmente o esquerdo . Supoño que se debe a unha combinación de factores: formado deficiente, pouca fermentación, o forno que distribúe mal a calor...
O de hoxe non foi unha excepción :(
A receita baséase no simple milk loaf de Dan Lepard, o meu pan de molde de cabeceira.
INGREDIENTES
500 g fariña de trigo candeal Froiz (Gabino Bobo)
320 g leite
100 g nata caseira (crème fraîche, ben ácida e con cheiriño a queixo)
20 g mel
2 g lévedo seco
7 g sal
PREPARACIÓN
Amaso todo xunto 5-7 min
Deixo levedar 1 h
Meto no frigorífico toda a noite.
Pola mañán deixo temperar, formo e coloco nun molde moi ben (se cadra de máis) engraxado.
Deixo levedar e enforno a 200ºC 55 min cuberto con papel aluminio e 5 máis fóra do molde.