En vista de que a cousa marchaba, mesturei unha pouca auga co mesmo peso de fariña de trigo integral e agardei a ver que pasaba.
Tamén mudei o vaso do líquido que quedaba por un frasco máis grande, quitei a froita (que xa levaba dous días en remollo) e botei máis tona de mazá.
A temperatura na cociña estaba arredor dos 23ºC
50 g deste starter
100 g auga mineral
100 g fariña de trigo integral ecolóxica moída en pedra (RdS)
Despois de 3 h estaba así de bonito:
500 g fariña de trigo ecolóxica moída en pedra (RdS)
200 g prefermento
260 g auga [60%]
9 g sal [1,5%]
Mesturei todo menos o sal e deixei repousar a masa 30 min
Engadín o sal, amasei moi brevemente, deixei levedar 2 h e despois metino no frigorífico toda a noite, unhas 9 h
Pola mañán saqueino, deixeino temperar media hora e formei unha barra grandota. Ben feitiña, eh? Pois non, como comprobaría máis tarde.
Deixeina repousar 1:15 h e enfornei. Non sei por que non puxen a pedra no forno, tería sido de axuda.
Enfornei á máxima temperatura con vapor 10 min e 30 min máis a 200ºC sen vapor.
As greñas están lonxe (moooi lonxe) de ser perfectas pero en xeral o pan presenta un aspecto aceptable:
Ben mirado, saiu ata favorecido:
... aínda que non desde todos os ángulos. Isto é o que sucede cando non se sella ben o pan e por riba se greña mal:
O pobre non puido crecer ben e rebentou por onde puido.
Nótaselle a falta da pedra na codia tan fina que formou por abaixo. Por sorte o miolo está bastante ben: