
Hoxe o forno traballou arreo. Primeiro un pan de molde, seguindo máis ou menos de perto a receita do
simple milk loaf de Lepard (
The handmade loaf, p. 46), que nunca falla.
Usei fariña candeal marca Froiz, de Gabino Bobo. Gústame como quedou o miolo, en cambio por fóra deixa moito que desexar. Non son quen de facer un pan de molde ben feitiño, sempre abren por un lado ou polos dous :(


Este pan compartiu forno cun
Holzofenbrot que fixen ollando de esguello para
a receita do foro pero sen prestarlle moita atención e improvisando un pouco.

Na foto non se aprecia o plano que saiu, case unha torta. De todos xeitos é un pan moi agradecido e ha de estar bo.
E, xa para rematar, unha
strata (baseada
nesta) para aproveitar un pan de centeo que levaba meses no conxelador agardando que fixese algo con el.
